Thursday 02 de May de 2024

Obradoiros de educación alimentaria


Alumnado e familias

O Concello de Fene, a través da Concellalía de Benestar Social e Igualdade, incluído no Plan de Prevención de drogodependencias e promoción da saúde e o Plan da Prevención da obesidade infantil (XERMOLA).
ofertase aos centros escolares que están traballando cos “materiais didácticos de educar para a saúde na escola” os obradoiros de educación alimentaria destinados ao alumnado escolarizado en educación primaria e a familias
Os obxectivos destes obradoiros:
• Contribuír a mellorar a calidade de vida dos nenos e nenas.
• Impedir problemas de saúde nun futuro a través de hábitos saudables
• Formar e concienciar ás familias sobre a importancia dunha alimentación saudable.
• Fomentar a participación activa promocionando a dieta Mediterránea como opción saúdable

As actividades que se incluen son as relacionadas con froitas e verduras, o grupo de alimentos “
O menu do día”, almorzos saudables e hixiene alimentaria que se desenvolven ao longo de catro sesións .
Se ofertan ás ANPAS a realización de dúas sesións de alimentación saudable coa finalidade de formar e concienciar ás familias sobre a importancia de adoptar hábitos de alimentación saudables e fomentar a participación activa das familias. Os contidos das sesións xiran en relación a Nutrición básica e alimentación saudable e etiquetado de alimentos.
A coordinación dos obradoiros é realizada pola pedagoga e técnica en prevención de drogodependencias Mª José Paz Rodríguez, e cada obradoiro está guiado por persoal especialista da empresa B6 Consultores.

Participan un total de 110 alumnos/as e 15 profesores/as
As datas de realización nos centros escolares. ver cronograma

CENTRO MES DÍA CURSO
CPI Xunqueira MARZO Mércores 8,15, 22 e 29 1º primaria
CEIP O Ramo MARZO Martes 7 e 14, 21 Xoves 23 1º primaria
CEIP Os Casais MARZO, ABRIL e MAIO Luns 6 (marzo)Luns 3 e 24 (abril) Luns 8 (maio) 1º 3º e 4º Primaria
CENTIEIRA Marzo, abril Vernes 24, 31 (marzo) 21e 28 de abril 1º primaria
COLEXIO JORGE JUAN marzo xoves, 9 16 Vernes 10 e 17 1º primaria